Rubén López & The Diatones en Vigo

Noite de Ska, Reggae e Rock Steady na Sala Iguana Clube dende Barcelona con Rubén López & The Diatones.

Rubén López: cantante de Malarians, Peeping Toms, Los Calaveras, etc.
The Diatones: compoñentes de Kinky Cocoos, Flight 404, The Oldians, etc.

A previa do concerto será no Bar St. Pauli (r/ Cuba, 2) a partires das 20:00h con cervexa a raudales, pinchos e boa música.

O concerto será o 9 de abril e comezará ás 00:00h na Sala Iguana Clube.

O prezo das entradas será de 8€ adiantada e de 10€ na porta.

Despois do concerto continuará a festa na Sala Iguana Clube cunha pinchada a cargo de:

- Rubén "The Warrior" (Barcelona)

- Deme Earthquake (Ponferrada)

- Xandre (Black Is Soul Clube, Vigo)

A que agardades para marcar esta data nas vosas axendas?

No hay comentarios: