Dave Barker y Dandy Fever en Vigo

Desta volta, da man de Luva Negra Producións, estará entre nós, DAVE BARKER, mestre do toasting, reggae e rock steady, acompañado pola banda coruñesa DANDY FEVER.

Terceiro proxecto de Luva Negra Producións que previamente concertou a actuación de Roy Ellis AKA Mr. Symarip xunto aos Transilvanians na Sala Mondo de Vigo e despois tamén promoveu a actuación de Rubén López & The Diatones, na tamén viguesa Sala Iguana Clube.

O concerto de DAVE BARKER xunto aos DANDY FEVER será na Sala El Infierno de Vigo o 16 de maio, previo ao día das letras galegas.

Abriranse as portas da sala ás 22:30h e o concerto comezará ás 23:00h (Puntual)

Haberá un previo do concerto con pinchos, cervexa e música no Bar Irmandinhos 13, ás 19:30h.

Haberá tamén unha pinchada despois do concerto na Sala A Farándula a cargo de Carlos (Original Crew - A Coruña), Wanchope (Pontevedra) e Irmán Néstor (Black Is Soul Clube - Vigo).

O prezo das entradas será de 12€ adiantada e 15€ na porta.


Entradas adiantadas:

Vigo: Honky Tonk - Bar Princesa - Cervexería La Grieta - Bar Irmandinhos Trece - Tenda Tipo

Pontevedra: Tenda carnaby

Compostela: Bar Soul E Sombra

A Coruña: Bar Soho

Ourense: A Esmorga


Non deixedes que volo conten!!!!!


Para quen non saiba quen é este pedazo de artista:

Dave Barker non precisa presentación entre os amantes do reggae clásico pero polo si ou polo non eiquí vai un breve recordatorio. Nacido en Xamaica, sendo adolescente xa era vocalista en varias bandas incluíndo os primeiros The Two Tones. A finais dos anos sesenta traballou xunto a Glen Brown gravando para Harry J e Coxsone e mesmo por un breve espazo de tempo foi membro de The Techniques. En 1969 gravou con Le Perry clásicos como Prisoner of Love e Set Me Free. Un álbum de Barker producido por Perry foi editado nos setenta co nome de Prisoner of Love. Aínda que Barker tiña unha privilexiada voz soulful Perry insistiu en desenvolver o seu potencial como DJ e foi unha voz de DJ a que Winston Riley usou xunto ao veterano organista Ansel Collins. O resultado foi o gran éxito Double Barrell que acabou en 1971 no máis alto das listas británicas e no Top 20 americano. O dúo Dave & Ansel Collins continuou con outro single de éxito, Monkey Spanner e un álbum que sempre será un clásico: Double Barrell and the Heavy Heavy Monsters Sound of Dave & Ansel Collins. O duo actua por todo UK e é entón cando Barker instálase en Londres. Desde entón continuou gravando discos en solitario e con amigos como Bruce Ruffin no grupo vocal soul The Chain Reaction ou cos mismísimos The Selecter.

No hay comentarios: