5º Aniversario Original Crew

Este xoves cúmprense 5 anos daquela primeira pinchada da Original Crew no vello Electra da Coruña. 5 anos de boas festas, coñecendo boa xente, e sobretodo pasándoo xenial coa música que nos apaixona.

Para celebralo, e xa que coincide cos festivos de semana santa, estaremos poñendo discos no Pub Carteles de Ferrol.

Estará soando reggae, ska, soul, sixties... da man de:

Doc Manu
Fito
Juan Duque
Caco


Agardámosvos!

No hay comentarios: